Prensa
Para información, entrevistas ou materiais promocionais da Mostra, medios e xornalistas deben contactar via email a prensa@curtasnoia.gal.
Os materiais promocionais principais da pasada 26ª Mostra de Curtas Vila de Noia están dispoñibles a continuación. Inclúen logos, fotografías en alta resolución, cartel oficial e comunicacións actualizadas.
Tanto xornalistas, como críticos e creadores de contidos especializados en cinema poden solicitar un pase de prensa, que é gratuito e está suxeito a aprobación da organización. Esta acreditación garantiza o acceso ás proxeccións do festival, eventos especiais e outra información detallada do programa.
