Mostra de Curtas de Noia

Arredor das curtas

En 2025, A Mostra de Curtametraxes Vila de Noia reafírmase punto de encontro esencial para os profesionais da industria audiovisual que están definindo o cinema curto contemporáneo. Ao longo de semana e media, Arredor das curtas convértese nun espazo de diálogo que conecta creadores, cineastas, produtoras e tamén o público local, favorecendo un intercambio directo entre as obras e as súas audiencias.

A través de coloquios, encontros de networking e obradoiros, o festival ofrece a directores, guionistas, productores, representantes e programadores un ambiente orgánico para o intercambio de ideas, a aprendizaxe mutua e o descubrimento de novos talentos. Este programa permite analizar e compartir as perspectivas do panorama cinematográfico galego, estatal e internacional, fortalecendo vínculos profesionais e impulsando novas sinerxías e colaboracións dentro do sector.

Arredor das curtas consolídase así como un espazo estratéxico dentro da Mostra, pensado para favorecer o crecemento creativo e industrial do cinema curto, reforzando o papel do festival como actor activo na cadea de valor do audiovisual.