Mostra de Curtas de Noia

Cousas daquí

O que acontece en Noia e as historias das persoas que habitan e dan vida á vila tamén teñen un valor fundamental para o público local. Recoñecerse no retrato visual, real ou ficcionado, contribúe a fortalecer a identidade colectiva e a poñer en valor a creación que nace do propio territorio.

Cousas daquí é o día no que as creadoras e creadores da comarca se converten nos protagonistas da Mostra. Trátase dun espazo esencial dentro do ecosistema audiovisual da Mostra de Curtas, pensado para dar visibilidade ao seu talento, compartir o seu potencial creativo e achegar ao público proxectos feitos desde a proximidade.

Esta sección procura reflectir a diversidade, a innovación e a ambición do eido audiovisual máis próximo, reforzando unha creación de base que forma parte indispensable do tecido cultural e artístico da contorna.