Mostra de Curtas de Noia

Festival de Pitching

En 2025 celebrouse o I Festival de Pitching da Mostra Internacional de Curtametraxes Vila de Noia, unha nova iniciativa creada para tender pontes entre o talento emerxente e os profesionais consolidados do ámbito audiovisual.

Este espazo nace como un punto de encontro único entre creadoras e creadores, produtoras e especialistas do sector, cun propósito claro: dar visibilidade aos novos proxectos de curtametraxe e ofrecerlles a oportunidade de converter ideas prometedoras en realidades cinematográficas.

O Festival de Pitching non é só unha competición, senón que aspira a consolidarse como unha plataforma de lanzamento para novos talentos, un lugar onde as propostas creativas poden medrar, atopar acompañamento profesional e acceder ás ferramentas necesarias para dar o salto definitivo da idea á pantalla.