Mostra de Curtas de Noia

Edición 2025

A 26ª Mostra de Curtas Vila de Noia foi unha edición cargada de emoción, encontros e recoñecemento ao talento audiovisual. Once días de filmes sen descanso, que converteron esta edición na máis concorrida dos últimos anos, consolidando o festival como un referente cultural e social na comarca.

Once días cargados de ilusión, de sorrisos e de soños que se proxectan máis alá da pantalla. Once días de aprendizaxes, de partillar, de reflexionar, de inspirarse e de poñer en común. Once días nos que Noia volveu converterse nunha gran sala aberta, onde veciñanza, creadores e profesionais do audiovisual se atoparon arredor da súa paixón polo cinema. Once días nos que o Coliseo Noela vibrou coa proxección de máis de 100 filmes e coa visita de máis de 4000 persoas: cativas, público xeral e cineastas, todas elas indispensables nesta celebración. Once días para 26 anos de historia, compromiso e cultura.