Curtas seleccionadas. Edición 2025
Sección Oficial · Primeira sesión
Voyager. País: ES | Director: Pablo Pagán | Duración: 15’ | Idioma: ES
Camila é unha condutora de camións adaptados para despedidas de solteiros. Pechada nunha rutina que a oprime, desenvolveu unha estraña obsesión pola clientela do seu negocio particular, vendo neles un reflexo da súa incapacidade para integrarse na sociedade.
3000 Elefantes. País: ES | Director: Miguel Piedrafita, Israel Carrillo | Duración: 16’ | Idioma: ES
Ao rematar as súas vacacións de verán no pobo, unha familia prepárase para a viaxe de regreso á casa en coche. Unha viaxe que pode facerse moi, moi longa.
El otro lugar. País: ES | Director: Roberta Chávez | Duración: 13’ | Idioma: CHINÉS
Li Na, unha moza que vive soa en Madrid despois de emigrar desde China, vese sumida no caos cando recibe unha chamada do seu irmán pequeno, Ming, de seis anos. El cóntalle que seu pai leva varios días desaparecido, deixándoo completamente só na casa. Mentras tenta protexer a Ming dunha dor que ela coñece demasiado ben, a incertidume sobre o regreso de seu pai esperta nela un fondo desexo de comprendelo e de pechar a fenda aparentemente insalvable que os separa.
Sugar. País: ES | Director: Carlo Gómez-Trigo, Pablo Arreba | Duración: 13’ | Idioma: ES
Marta, unha moza universitaria de 21 anos, leva unha dobre vida. Entre os seus días de clases e as conversacións coas súas amigas Cris e Teresa, Marta mergúllase no mundo das relacións con homes maiores a través dunha plataforma de “sugar dating”.
The Piano. País: USA | Director: Avery Kroll | Duración: 8’ | Idioma: sen diálogos
Unha nena escapa da cama unha noite para descubrir ao seu pai inclinado sobre o piano, vertendo a súa alma nas teclas. O poderoso vínculo que crean ao tocar música xuntos, dura toda a vida. Despois do seu falecemento, ela honra a súa memoria interpretando a súa canción e ensinándolla ao seu fillo, transmitindo así o lazo musical á seguinte xeración.
One-way cicle. País: PT | Director: Alicia Núñez Puerto | Duración: 10’ | Idioma: ES
Adela naceu en Asturias (ES) a principios do século XX, nunha época na que a vida era dura e había poucas oportunidades. Tras varios anos limpando, lavando roupa e collendo na herba do prado, Adela decide emigrar en 1929 á Habana, seguindo á súa irmá Segunda, que partira uns anos antes e á que estaba moi unida.
Old shoes. País: ES | Director: Cucho López Capilla | Duración: 3’ | Idioma: sen diálogos
Un home maior atopa os seus vellos zapatos de baile e, ao poñelos, revive a lembranza dun amor eterno que aínda segue vivo no seu corazón.
Insalvable. País: ES | Director: Javier Marco| Duración: 18’ | Idioma: ES
Mauro quedou para cear nun luxoso restaurante con Ángel, o estraño ao que salvou a vida hai uns días.
Sección Oficial · Segunda sesión
Faustino. País: ES | Director: Germán Mairén | Duración: 20’ | Idioma: ES
Faustino, un xubilado de 70 as, visita o seu banco a diario. Pero hoxe é día de peche e Ramón, o director da sucursal, non quere distraccións. Para desfacerse del rápido, decide atendelo persoalmente no seu despacho. O que non sabe é que non foi só a facer xestións… e que este será un día de peche que xamáis olvidará.
El lado más bestia de la vida. País: ES | Director: José Antonio Campos Aguilera | Duración: 14’ | Idioma: ES
Belén e Paco están xubilados. De xeito inesperado, un dos seus fillos sobre un accidente que cambia por completo a situación familiar. A vellez complicouse para eles. A vida pode cambiar nun instante.
¿Cómo que abuela?. País: ES | Director: Xavi Victoria | Duración: 15’ | Idioma: ES
Dúas mulleres, un funcionario e un carné en busca de avoa. Como que avoa? Se non me vén nada ben. Ademais, preguntoumo alguén?
Lights. País: ES | Director: Aitana Cantero Velasco, M. Isabel Sáiz Romero| Duración: 5’ | Idioma: sen diálogos
A noite cae e a cidade ilumínase grazas á Gran Máquin. Quen coida dela é o inventor. Porén, este non está só. Nas lámpadas da súa torre viven pequenas criaturas que, ao ver que a máquina lle está causando problemas, deciden axudalo. Pero, como poderán axudar a alguén que non quere ser axudado?
A-Maniki. País: ES | Director: Elixabet Núñez | Duración: 13’ | Idioma: EUSKERA
Unha muller maior con dificultades no mundo dixital vólvese invisible para a sociedade que a rodea.
Prejuicios. País: ES | Director: Javi Prada | Duración: 8’ | Idioma: ES
Curta baseada nun fragmento da novela de Hassan Al-Hamouti Ouass ‘A luz ao final do túnel’. España, anos 70. Nunha universidade marcada pola ditadura e pola rixidez social, Alí, un mozo estudante de orixe marroquí, loita por encaixar nun entorno que constantemente sinala as súas raíces. Entre burlas veladas, os profesores cuestionan a súa capacidade de xeito inxusto.
Bling bling. País: ES | Director: Pablo Olewski | Duración: 3’ | Idioma: ES
José Luis e ‘El Cangri’ queren estar á última moda. Pero hai veces que de tanto molar, non hai quen che entenda.
Déjame ir. País: ES | Director: María Monreal | Duración: 4’ | Idioma: ES
Mirko, un neno de 11 anos, le as notas á súa nai e tenta convencela de que o deixe ir á excursión de fin de curso.
Davi. País: ES | Director: Julia González | Duración: 6’ | Idioma: Sen diálogos
Había dous irmáns. Un deles sempre quixo ser médico, pero o seu destino cambiará para sempre cando a guerra chema á súa porta.
Taxidermist. País: IRÁN | Director: Sousan Salamat Chaghooshi | Duración: 15’ | Idioma: Sen diálogos
Shahbaz, un taxidermista e traficante de animais, emprende unha viaxe por estrada para entregar un pedido estraño a un cliente. Unha serie de eventos inesperados convirte a Shahbaz, de depredador a presa.
Sección Oficial · Terceira sesión
Acción, figuración. País: ES | Director: Pablo Cueto | Duración: 15’ | Idioma: ES
Mati é un actor que xa vai ben entrado na trintena e que segue agardando pola súa oportunidade. O seu único traballo no cinema foi como figurante, algo que continúa afrontando con profesionalidade, pero que o está levando a cuestionar as súas prioridades. O encontro en escena con Eva, outra compañeira de figuración, fará que reconsidere estas dúbidas.
Ángulo Muerto. País: ES | Director: Cristian Beteta | Duración: 14’ | Idioma: ES
Estela e Ramón atravesaron unha separación e o suicidio de Hugo, o seu único fillo de tan só 13 anos, despois de sufrir acoso escolar. Cando Estela obtén un vídeo gravado polos agresores do seu fillo, cre que chegou o momento de manter unha conversa con Ramón. Mentres descubren a realidade do ocorrido con Hugo, intentarán esclarecer se poderían telo evitado e se estiveron á altura como pais.
Una vocal. País: ES | Director: Polo Menarguez | Duración: 13’ | Idioma: ES
Ana e Amparo, filla e nai, enfróntanse aos recordos familiares nun dos lugares máis estraños das súas vidas: a salita de espera dun anatómico forense. Ao outro lado, agárdalles o cadáver do home que lles arruinou a vida. Están alí para recoñecelo, despois de que este sufrise un terrible accidente.
All you need is love. País: ES | Director: Dany Ruz | Duración: 13’ | Idioma: ES
Asunción e Mari carmen son dúas mozas que aspiran a un posto na Sección Feminina, pero a visita dos Beatles a España lévaas a outro destino.
Buffet Paraíso. País: ES | Director: Santi Amézqueta e Héctor Zafra | Duración: 8’ | Idioma: Sen diálogos
Nun restaurante buffet, un grupo diverso de personaxes accede a unha ampla variedade de exquisitas delicias sen ser consciente do grave pecado que representa a gula.
Roba estesa. País: ES | Director: Xavier Pijuan | Duración: 7’ | Idioma: ES
Unha avoa solitaria recibe a visita do seu novo veciño mozo que, a medias, obriga a quedar a merendar. A agradable velada remata e a avoa volve quedar soa. Os días fanse longos e tediosos. Cando parece que xa non pode soportar máis a soidade, a avoa sae ao patio e descubrimos o seu segredo: a astuta protagonista usa unhas longas pinzas estensibles para coller a roupa extendida dos seus veciños e deixala caer no seu patio, obrigándoos así a baixar a recollela.
El premio. País: ES | Director: Celia Casanova | Duración: 9’ | Idioma: ES
Jorge e Marcos, dous antigos ocmpañeiros de clase na escola de cine, deciden reencontrarse tras moitos anos sen verse, na casa de Jorge, xa que el acaba de gañar o Goya a Mellor Director e quere celebralo co seu vello amigo. O que inicialmente ía ser un encontro animado e feliz, acaba por converterse nunha reunión moito máis intensa, onde parece que só o cine debe ser o verdadeiro protagonista da historia.
Te dejo el Mar. País: ES | Director: Alfredo Andreu Ríos | Duración: 13’ | Idioma: ES
Berta solicitou legalmente a eutanasia, pero o proceso leva xa cen días de retraso. Agora enfróntase a unha ciruxía protocolaria e, debido a unha cadea de baixas médicas, a encargada de operala resulta ser a súa irmá Carmen.
El principito Óscar. País: ES | Director: Miguel González Buñuel | Duración: 6’ | Idioma: ES
Un testemuño poético e conmovedor sobre unha realidade social pouco coñecida. Un segredo que nos fará soñar e que nunca se ha de esquecer.
Sección Oficial · Cuarta sesión
Calorcito vital. País: ES | Director: Javier Sánchez-Blanco | Duración: 17’ | Idioma: ES
‘Calorcito vital’ narra a historia de dúas mulleres, Casandra e Piraña, que sobreviven nunha vella cabana de madeira durante unha implacable tormenta de neve. Coa chegada abrupta dunha terceira muller, Piraña decide acender un lume para mellorar a súa situación. Porén, a súa obsesión polo lume desbócase cando se esgota toda a leña e comeza a usar os mobles e mesmo as paredes da cabana como combustible, poñendo en perigo a vida de todas.
Pálpito. País: ES | Director: Moisés Romera, Marisa Crespo | Duración: 17’ | Idioma: ES
Unha tarotista obsesiónase coa sensación de que vai suceder un terrible infortunio e fará calquera cousa para evitalo.
Quejío de Loba. País: ES | Director: Andrea Ganfornina | Duración: 14’ | Idioma: ES
Grazas á educación que decide dar aos seus fillos, Ana, unha nai xerezana, descobre a violencia de xénero que recibiu dos homes da súa casa.
Planeta Fome. País: BR | Director: Édier Wiliam | Duración: 15’ | Idioma: Sen diálogos
Nun mundo no que a fame non é só unha consecuencia senón unha moeda, Ivani, unha nai solteira, perde o seu emprego e, xunto co seu fillo de 8 anos, Lucca, vése empurrada á miseria. O que comza como unha loita diaria por traballo e dignidade convértese nunha desesperada travesía polas rúas dunha cidade que venera a escaseza e a desigualdade.
Le dernier dimanche de mai. País: FR | Director: Alejandro Bordier | Duración: 17’ | Idioma: FR
Cando Jean pasa anos despois pola casa da súa infancia, enfróntase aos dramas do pasado familiar. A través da preparación dun xantar anual, afloran segredos, conflitos e unha obsesiva busca de estatus social; revelándose as fendas escondidas detrás da aparente alegría da súa familia. O último domingo de maio explora a complexidade das relacións humanos, ao mesmo tempo que captura a dor e a beleza que trae a memoria.
Depredador. País: ES | Director: Javier Fesser | Duración: 7’ | Idioma: ES
Dúas amigas viaxan por un lugar solitario cando o seu coche sobre unha tráxica avería.
Al fresco. País: ES | Director: Ignacio Rodó | Duración: 8’ | Idioma: ES
Habitación grande nun piso de soño. Ubicación inmellorable. Para entrar a vivir. Moita luz.
Pobre Marciano. País: NL | Director: Álex Rey | Duración: 8’ | Idioma: ES
O nome que che poñen ao nacer pode marcar o teu destino. Que llo digan, se non, ao pobre Marciano Martínez Muela, que só quería ter un amigo co que cantar… Pero o universo sempre conspira para faer que os teus soños se cumpran.
Sección Oficial · Quinta sesión
Conexiones inesperadas. País: ES | Director: Óscar Toribio | Duración: 13’ | Idioma: ES
Ramón, perdido nun mundo dixital, inicia unha aventura cómica e emotiva tras un incidente co seu móvil. Coa axuda de Raquel, unha dependenta, aprende sobre redes sociais e apps para achegarse ao seu neto Juan, que vive nun universo moi distinto. Xuntos confrontan desafíos divertidos e momentos tenros, descubrindo a tecnoloxía.
Sexo a los 70. País: ES | Director: Vanessa Romero| Duración: 18’ | Idioma: ES
Marga, unha viuva atrapada na monotonía, sorpréndese cando a súa neta lle organiza unha cita a través dunha app, facéndose pasar por ela. A pesar da súa resistencia inicial, Marga coñece a Agapito, un home falador e amante da salsa. Pero a noite non sae como espera, xa que a certa idade as relacións levan o seu propio ritmo.
Urtajo. País: ES | Director: Miguel Ángel Marqués Bordy | Duración: 10’ | Idioma: ES
Javier, un político acomodado, enfróntase a un dilema cando unha fuga tóxica dunha empresa que financia o seu partido ameaza con contaminar un pobo veciño. Mentres intenta encubrir o desastre e enfronta problemas persoais, sobre un leve accidente con outro condutor, cuxa familia se verá directamente afectada polo vertido.
La luz de los domingos. País: ES | Director: Lucas de Gisper | Duración: 13’ | Idioma: ES
A morte dunha nai, a crise económica e varios negocios fracasados marcarán o destino da familia de Nerea e crearán unha situación familiar insostible entre o seu pai e ela. Neste contexto, decidirá levar á súa irmá pequena, deixando atrás ao seu pai e ao seu pasado. Esta é a historia dun día, pero non un calquera: 24 horas nas que Nerea deberá reunir os cartos necesarios para pagar a entrada dun piso humilde e, dese xeito, volver sentir a sensación de ter un fogar.
Si no fuera por mi. País: ES | Director: Sergi González | Duración: 9’ | Idioma: ES
Javier vai case todos os días a comer á casa da súa nai. Está a facerse maior e así a mantén contenta. Pero esa rutina de aparente normalidade agocha un profundo segredo. Ás veces, o fin xustifica os meidos.
003. País: ES | Director: Daniel Chamorro | Duración: 3’ | Idioma: ES
Un timbre soa. Unha visita inesperada…
Freelance. País: ES | Director: Miguel Castaño | Duración: 1’ | Idioma: ES
Un mozo colombiano chega a España perseguindo o soño europeo. Mentres camiña cara ao seu próximo traballo, recibe unha chamada dun familiar próximo. Cóntanse as súas vidas, problemas e logros. Parece que cumpriu o seu soño: é freelance.
Galicia Amateur
Lobelia. País: ES | Director: Laura Barriga | Duración: 15’ | Idioma: ES
Roi é un estudante de filosofía que se enfronta ao reto de aproveitar ao máximo cada momento. Roi comeza unha relación que vai evolucionando ao longo dos anos e descobre que goza da vida con máis intensidade. Inspirado polos seus consellos de arriscar e aproveitar as oportunidades que lle xorden, Roi e Alba regresan finalmente ao lugar onde se coñeceron, só para descubrir que todo formaba parte dunha ilusión mental: nada era real.
Santa Compaña. País: ES | Director: Mateo Bouzada | Duración: 9’ | Idioma: ES
Mauro, un mozo de 22 anos, que vive nun pobo da Galicia profunda, escoita unha mañá unhas estranas campás no bosque mentras caza. A partir dese momento, nada volverá a ser igual.
Dinosaurios. País: ES | Director: Antía Rodeiro | Duración: 4’ | Idioma: ES
Sempre imaxinamos o peor. Unha conversa acalorada entre uns pais fará que se planteen os escenarios máis macabros nos que podería atoparse a súa filla Sara. Por que vai tanto en tren de repente? A onde? En que cousas estrañas estará metida? Ás veces, o realmente importante é observar antes de sacar conclusións precipitadas, e quizáis así consigan unha resposta antes de que a súa filla chegue ao seu destino.
