Mostra de Curtas de Noia

Xurado Edición 2025

Ana Liébana

Ana Liébana é guionista e directora. Tras formarse como actriz, Ana deu o salto á escritura de guion cinematográfico e á dirección despois do seu paso pola escola TAI. A curtametraxe ‘Mia Moglie’, premio á Mellor Dirección na 24ª edición da Mostra, foi a súa ópera prima como directora. Neste 2025, ademais de ser xurado da Sección Oficial, presenta o documental ‘Solo pienso en ti’, no que colaborou como guionista.


Jorge Magaz

Jorge Magaz é compositor de música para cine, televisión, radio, teatro  e publicidade. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense, e paralelamente foise formando en composición, orquestración, harmonía moderna e jazz. Comeza a destacar na composición de bandas sonoras para longametraxes como ‘Extraterrestre’, ‘Open Windows’ e ‘La mirada de Ouka Leele’,


Juan Galiñanes

Juan Galiñanes é director, guionista e montador de cine. Comezou a súa carreira no mundo da animación coa curtametraxe 'El bufón y la infanta', nominada aos Premios Goya, e coa longametraxe 'Holy Night!'. Fóra da animación, participou como guionista en ‘Quien a hierro mata’ e dirixiu ‘Fatum’. Ademais, traballa en series de televisión e proxectos de montaxe e publicidade, consolidándose así como unha figura relevante do cine galego e español. 


Miguel Bardem

Miguel Bardem é director de cine e guionista. Nacido nunha familia adicada ao cine, dende moi novo participou como axudante de montaxe, de produción e dirección. Coa súa curtametraxe ‘La madre’ (1995) alzou o Goya á Mellor Curtametraxe de Fición. ‘La mujer más fea del mundo’, a súa primeira longametraxe, ‘Niñas de hojalata’ ou a secuela ‘Mortadelo y Filemón: misión salvar la Tierra’, destacan entre moitos outros traballos cinematográficos.


Raquel Menor

Raquel Menor comezou a súa carreira como actriz, despois de estudar nas recoñecidas Viesqueswood Theatre School, Asturias Voice Over School e Actores Madrid, traballando en filmes como ‘Finlandia’, a curtametraxe ‘Nocturno’ ou ‘Remember when we were in love?’. Deu o salto como pordutora en 2017, co documental ‘My Kingdom Come’ coproducido entre España, Mexico e Ecuador. Dende entón, traballa como produtora en cine e televisión, especializándose no mercado internacional.