Curtas seleccionadas. Edición 2025
Ficción
Cara de Cona. País: ES | Director: Guillermo de Oliveira | Duración: 17’ | Idioma: ES
Moncho está obsesionado co seu novo veciño Pardavila. Odia a súa risa, a súa cara e ao seu can. Tras varios intentos de facerlle vida imposible deseñará o plan perfecto para matalo.
Historia Real de una Falsa Familia. País: ES | Director: Germán G Espejo | Duración: 6' | Idioma: ES
Durante unha tensa comida familiar, Susana intenta soster o fráxil equilibrio dunha casa dominada pola súa madre, unha muller maior, enferma e imprevisible que se resiste a perder o control. A cociña convértese no centro do conflito como espazo caótico no que os reproches acumulados durante anos saen á superficie. Mentras, Drope, o irmán que marchou e evita responsabilidades, reaparece de forma intermitente ata descubrir que o verdadeiro conflito familiar reside nunha incómoda pregunta.
Quinto Primera. País: ES | Director: Fran Menchón | Duración: 15’ | Idioma: ES
Rafael vive pechado no seu mundo, o seu piso en Hospitalet de Llobregat. Cando a súa muller morreu hai varios anos, el perdeu as gañas de vivir e o espírito loirador que o caracterizaba. Agora, solitario, amargado e xenófobo renega do mundo e paga a súa miseria contra todos, en especial, contra os novos inmigrantes. Pero todo cambia cando traba amizade co fillo pequeno dos novos veciños inmigrantes, un neno que tamén vive amargado pola súa identidade de xénero e polas presións do seu entorno. Unha loita que devolverá a Rafael as gañas de vivir e a dignidade perdida.
Box 3. País: ES | Director: Sara Sálamo | Duración: 10’ | Idioma: ES
Un rapaz na súa vintena entra en urxencias sen pulso estable e sen ninguén que responda por él. Cando lle abren a camisa para reanimalo, atopan tres palabras tatuadas sobre o esternón: Do Not Resuscitate.
O que segue son dez minutos en plano secuencia, nos que unha doutora ten que facer algo ningún protocolo lle ensinou: ler a un descoñecido. Decidir se esa frase é a súa vontade ou un xesto e se a pel basta como documento.
Hasta Enterrarlos. País: ES | Director: Marco Araujo | Duración: 15’ | Idioma: ES
Un grupo de veciños é desahuciado do lugar no que levaban vivindo toda a súa vida e deciden vingarse do especulador responsable da inxustiza. Liderados por Lázaro, o veciño máis lonxevo e de fortes convicións, trazarán un plan para levalo a cabo con tan só uns poucos recursos e o seu inxenio. Non só pretenden facerlle pagar as consecuencias da súa avaricia, senón mandar unha mensaxe ao resto do mundo.
21 de Octubre. País: ES | Director: Joel Canovas | Duración: 20’ | Idioma: ES
Un equipo policial dos GEI é enviado a un cine onde está habendo disparos. Todo se complica aínda máis cando Pedro, xefe do equipo, comeza a crer que o seu fillo Mateo podería estar dentro do cine. Pedro quere entrar, pero esta decisión pode poñer en perigo a máis xente e incluso aos seus propios compañeiros. Por iso, deberá decidir se mentir ao seu equipo e entrar ou esperar á chegada de reforzos e que seu fillo tal vez morra por iso.
Ya nos tocaba. País: ES | Director: Ángela Conde | Duración: 6’ | Idioma: ES
Daniel entra nun banco para sacar cartos. É atendido por Romualdo, un señor de 80 anos con modais antigos e respostas que non encaixan. O que parecía un trámite sinxelo convértese nunha experiencia absurda, onde nada funciona como debería e o xoven comeza a perder a paciencia. Entre normas que cambian sobre a marcha e vaciles xeracionais, Daniel vése atrapado nunha lóxica que non entende... e que ninguén se molesta en lla explicar.
Manolín. País: ES | Director: Albert Mariné | Duración: 3’ | Idioma: ES
Tomás, pai obreiro que saca adiante a seus fillos coa axuda da súa nai, descobre que a súa filla adolescente ten un teléfono de última xeración que el non lle comprou. O que comeza como un simple conflicto familiar pola preocupación de Tomás por saber de onde sacou a nena un teléfono tan caro, destapa os perigos dun mundo dixital onde a exposición ás redes e o sinxelo acceso dos menores a calquera tipo de contido forman parte do cotiá.
Por dentro. ES | Director: Álvaro G. Company, Mario Hernández | Duración: 15’ | Idioma: ES
Elías leva 80 anos sen ser quen realmente é. Ata hoxe.
Él y Ella. ES | Director: Guillermo Pastor Cock | Duración: 4’ | Idioma: ES
Primeira cita: rapaz coñece a rapaza a través dunha aplicación para citas. Aínda que parezan feitos o un para o outro, os seus pensamentos intrusivos e prexuízos empéñanse en separarlles. Unha comedia romántica sobre a xuventude e Madrid que demostra que, no amor, o noso maior enimigo somos nós mesmos... e Melendi.
Le Derapage. FR | Director: Aurelein Laplace | Duración: 15’ | Idioma: ES FR
Esta mañá, Paul Sérédat, un deputado que se presenta á reelección, entérase pola radio de que meteu a pata. E, ao parecer, non foi precisamente unha tontería! Sérédat entra en pánico: que demo terá dito para merecerse semellante tormenta mediática?
Corre cara o seu ordenador para descubrir a orixe do escándalo…
Orfeus. ES | Director: Manuel Guevara López | Duración: 15’ | Idioma: ES
Nun mundo xa non tan distópico onde a IA é parte das nosas vidas, Paco, un home de 60 anos, volverá conectar coa súa difunta esposa Isa a través de Orfeus, un aparato cunha IA integrada, a cal personifica a persoas que faleceron do entorno do usuario. Paco, xunto coa axuda da súa filla Casandra, buscará dixerir o dó da pérdida de Isabel, pero a tentación de tela cerca dificultaralle deixar o pasado atrás.
Naranjas. ES | Director: Gorka Martín Curto | Duración: 12’ | Idioma: ES
Un matrimonio formado por Luis e Begoña, quen padece unha enfermidade que a fai dependente, almorzan como cada mañá mentras ven a televisión. Todo se desenvolve con normalidade e, como sempre, non se poñen dacordo no que queren ver.
Una conversación pendiente. ES | Director: Cecilia Gessa | Duración: 12’ | Idioma: ES
Tras a celebración de despedida de solteiro de Raúl, este vai buscar a Santi á súa habitación de hotel para unha última conversa. O que parecía unha conversa casual transfórmase nunha confesión inesperada.
[No] Body. ES | Director: Sonia Bautista Alarcón | Duración: 15’ | Idioma: ES
Tras a morte de seu pai, Luis, guionista, regresa ao pobo que lle viu nacer en La Mancha para pasar os primeiros meses de dó coa súa nai. Durante a súa estancia, descobre un secreto familiar que desafía a relación con ela e lle axuda a reconciliarse co autoritarismo do seu defunto pai.
Hatch. CND | Director: Alireza Kazemipour & Panta Mosleh | Duración: 11’ | Idioma: EN
NAAJI, un neno refuxiado afgano, escóndese coa súa nai dentro dun camión cisterna en marcha, intentando cruzar a fronteira en busca dun lugar seguro. Tras perder a súa nai no intento, NAAJI non deixa de buscar unha forma de revivir o seu último recuerdo dela.
Un hombre bueno. ES | Director: Juli Suárez | Duración: 11’ | Idioma: ES
Un día calquera na nosa doce e soñadora sociedade, todo transcurre con normalidade, pero Antonio entra na cafetería e comenta que Vicente, un home querido no barrio, foi golpeado na cabeza e está moi grave no hospital.
Antes de las seis. ES | Director: Aliné López, Gemma Morcillo, Kike Maílle | Duración: 17’ | Idioma: ES
Enrique, un traballador estresado e algo torpe, ten unha misión clara: chegar antes das seis a unha reunión crucial que pode decidir o seu futuro laboral. Pero todo se complica cando, sen darse de conta, unha nena chamada Clarita se coa no seu coche.
Homing. ES | Director: Elizabeth Atherton, Hansel Rodrigues | Duración: 18’ | Idioma: EN
Mamá (blanca), papá (do sur de Asia) e o seu fillo mestizo de 12 anos mudáronse recentemente de Londres á costa sur. Na súa casa xunto á praia, mamá e fillo apresúranse a saír para ir ao traballo e colexio, mentras que papá ten pensado desfacer as maletas e traballar desde casa. Xusto cando están a punto de marcharse, a nai ve a un home no xardín traseiro; ten os vaqueiros empapados. Parece que chegou nunha pequena embarcación e non fala inglés. A pesar das reservas do pai, a nai faino pasar á casa. Mentras a tensión vai en aumento, o fillo grava a escondidas ao home co seu móbil. O home usa o baño en silencio e intenta chamar á súa filla. Cando a chamada se corta de repente, grita. Presas do pánico, a familia foxe ao coche e chama á policía. Dentro da casa, o hom recarga o seu móvil, recolle as botas de fútbol do fillo… e marcha en silencio.
OMG. ES | Director: Tania Watson | Duración: 15’ | Idioma: ES
Mentras o mundo se derrumba baixo o peso da violencia, a hipocresía e a ansiedade climática, Diana, unha atea de 40 anos, é elixida inesperadamente por Deus para levar a cabo o Seu novo plan para salvar a humanidade. O anxo Gabriel aparéceselle no seu piso para anunciarlle que está embarazada do Segundo Fillo de Deus. Decidida a non ter fillos, Diana intenta interrumpir o embarazo, pero nada funciona. Gabriel asegúralle que a humanidade a apoiará. Unha comedia negra sobre o libre albedrío, a fe e a maternidade no século XXI.
Ones. ES | Director: Juanjo Gimenez | Duración: 16’ | Idioma: CT
Sam ten nove anos. Acaba de ser expulsado do colexio por asaltar a un compañeiro. Martin ten 42. É un lutier. Pensa que ten un problema co seu fillo. Sam sabe o que Martin está pensando.
El Monstruo. ES | Director: Diego De Gracia | Duración: 14’ | Idioma: ES
Toño faise cargo dos coidados da súa irmá enferma debido á actitud neglixente de seu pai. Ao enterarse de que os nenos orfos poden ter mellor vida nun centro de acollida, terá que decidir entre deixar que súa irmá empeore ou actuar coma un monstro.
No Hay Paraíso. País: ES | Director: Víctor Ballesteros | Duración: 14’ | Idioma: ES
Jesús, un cristiano moi devoto, dirixe o coro de señoras da parroquia do seu barrio. Uns días antes da festa de Nadal, mentras decora a parroquia, sofre unha revelación. Descubriuno: non hai paraíso. Enganado, decide preparar un discurso para contarlle a todo o mundo que o máis alá non existe.
The Getaaway. País: ES | Director: Raquel Guerrero | Duración: 16’ | Idioma: UC
Nalgunha estrada de Ucrania, Ana, cooperante dunha ONG española, axuda a Yrina a fuxir dos bombardeos xunto ao seu fillo Yure. Queren chegar canto antes á fronteira e poñerse a salvo. Con Yure febril e Yrina absolutamente agotada, Ana convence á xoven nai para que suba ao coche dunha descoñecida e salan canto antes de alí. Pero dentro do coche Yrina non tarda moito en sospeitar da muller. En cada detalle ela ve señais xa de que esta muller actúa de maneira secreta.
Rascacielos. País: ES | Director: Matías Valenzuela Vergara | Duración: 18’ | Idioma: ES
Pola desesperación de deixar de ser parte dun pequeno grupo, José (17) fará todo o que sexa necesario para conseguir os cartos que lle permitan pagar a cota para continuar coas súas mentorías de desenvolvemento persoal e fitness, aínda que iso signifique ter que enfrentarse á única persoa que de verdad está ao seu lado, a súa madre.
La Hora Escrita. País: ES | Director: Coke Arijo | Duración: 11’ | Idioma: ES
En pleno éxodo pola estrada de Málaga a Almería, Mónica sofre un ataque aéreo. Ao despertar, a desolación debuxa ao seu arredor unha escea que evoca o Guernica, reflexo do horror vivido en La Desbandá.
La Garita. País: ES | Director: Daniel Árias | Duración: 13’ | Idioma: ES
Juan e Mauri traballan como gardas de seguridade nun exclusivo parking de luxo frecuentado por turistas adiñeirados. Mentras sobreviven como poden ás súas monótonas e precarias xornadas nocturnas, unha noite todo dá un xiro inesperado.
The Call. País: ES | Director: Kiko Prada | Duración: 9’ | Idioma: EN
Sophia traballa nunha compañía de seguros. Como ten que comprobar a diario as facturas pendentes de pago, hoxe vai chamar a Jonathan David Brown.
Desagradecido. ES | Director: Aitor de Kintana Moraza & Iñaki Rikarte | Duración: 9’ | Idioma: ES
Edu está quentándose una pizza no microondas cando un pizzeiro chama á súa porta. Tras o desconcerto inicial, descobre que veu facerlle un favor. Todo sería perfecto se non fora porque dúas maneiras de entender o mesmo feito van colisionar, gretando algunhas certezas e deixando ao descuberto o noso lado máis miserable.
Condolenc-Ias. ES | Director: Rubén Bautista | Duración: 4’ | Idioma: ES
Richi confía nunha Intelixencia Artificial para conseguir un pésame sincero tras a morte do familiar dunha amiga. Pero a misión de simular a súa escasa empatía, complicarase máis do que parece.
Está detrás de mí. ES | Director: Yago Casariego & Nacho Monter | Duración: 3’ | Idioma: ES
Dous amigos quedaro para ir ao cine, pero un deles chega tarde.
Alla en el Cielo. PE | Director: Roddy Dextre | Duración: 18’ | Idioma: ES Perú
Ás aforas de Lima, Chito, de 11 anos, vive co seu irmá maior, Rockío (16), nun barrio construído arredor dun enorme ceminterio. Na azotea da súa casa, Chito coida das súas palomas mensaxeiras, aves que transportan drogas como parte do negocio de Rockío. Chito comparte un vínculo único con estas aves. Chito e os seus amigos venden flores ás portas do ceminterio; xogan e traballan alegremente entre as tumbas. Unha tarde, durante un partido de fútbol, co ceminterio como telón de fondo, a violencia do seu entorno cóbrase a vida de Rockío e doutro rapaz do barrio, poñendo fin abruptamente á infancia de Chito. A través de rituais, música e danza, a comunidade chora a morte dos nenos. Chito, destrozado pola dor, emprende o camiño cara a venganza. Pero un xesto de humanidade altera o seu destino e o das súas palomas. Unha historia sobre a infancia, a vida, a morte e a posibilidade da liberdade... Alá arriba, no ceo.
Ante o Avesío. ES | Director: Xaime Miranda | Duración: 17’ | Idioma: GL
Manuel, un pai desesperado polos problemas de saúde do seu fillo, visita unha bruxa en busca dun remedio. Guiado por ela, Manuel traspasa os límites da realidade e embárcase nunha perigosa viaxe cara a profundidades descoñecidas, onde deberá enfrentarse á orixe das dos males que aflixen ao neno.
Siempre hay un monstruo. ES | Director: Gaston Hagg | Duración: 17’ | Idioma: ES
O cadáver dun actor famoso aparece destrozado no xardín da súa casa, o que fai activar deseguido a presenza dun equipo de policía técnica e detectives. Alí chegan Anne (detective), Mario (detective), Iván (policía técnico), Claudio (detective) e Aitor (policía técnico). Mentras atopan estrañas feridas no cadáver e algunhas sinais de violencia, Claudio sube ao piso no que vivía a vítima para ver que pode atopar alí e falar co técnico Aitor, que estaba xa dentro do piso investigando. Un altercado case violento está a piques de acontecer, cando Mario e Anne suben ao piso e atopan a Aitor e Claudio drogándose na escea do crime, o que non lles fai ver o que en realidad acontece. Anne dase de conta no medio da discusión de que o piso ten zonas de teito e esquinas do salón grávidas dunha especie de moco. Para o que buscan nun principio unha explicación lóxica, deseguida se transforma nun escenario de terror, cando aparece no medio do pasillo o brazo de Iván, o outro técnico forense. Non están sós no piso e, o veciño da vítima, garda algo máis que só vivir ao seu lado.
Dopamina Cero. ES | Director: Rodrigo Marini | Duración: 19’ | Idioma: ES
Ignacio é un músico que vive apartado dos escenarios debido a un Parkinson de inicio temperá. Case non ten relación co mundo exterior, e intenta saír adiante como pode xunto á súa moza Sofía. A súa vida cambia cando coñece a Valentina, unha dependente dunha tenda de discos de segunda man.
In Memoriam. ES | Director: Bellón Teresa & César F. Calvillo | Duración: 17’ | Idioma: ES
Alicia, unha actriz de 40 anos en plena crise, acode á Academia do Cine a preguntar: «Se eu morro agora… saliría no IN MEMORIAM dos Goya?»
Curtametraxes documentais
¡Ole Paco! ES | Director: Juan Carlos García Valle | Duración: 9’ | Idioma: ES
¡Ole Paco! é unha curtametraxe documental que nos invita a acompañar a Paco e á súa irmá Maribel no súa particular peregrinaxe por Cádiz, desde Puerta Tierra ata o Gran Teatro Falla, epicentro do Carnaval gaditano. Neste percorrido, gravado nun só día para un concurso express, seremos testemuñas da conexión entre ambos irmáns e do amor incondicional de Paco por unha festa que trascende todas as palabras.
A través da súa ollada, descubrimos unha cidade viva, colorida e profundamente humana, mentas as voces en off de carnavaleros arcenses —amigos de Paco e compañeiros de coplas— nos conducen por unha historia que festexa a emoción, a música e a esencia de Cádiz.
La huella del barro. ES | Director: Rodrigo Márquez | Duración: 10’ | Idioma: ES
“Non podes volver ao pasado a facer esa foto. É única” Tras unha das peores inundacións da historia de España, un grupo de persoas preocúpase por algo aparentemente secundario: as fotografías familiares.
Este documental aborda a importancia desa memoria familiar. Como contribúe a conformar a memoria histórica, e como a pegada do barro arrastrado pola DANA contribuíu a unir a memoria de milleiros de familias de L'Horta Sud de València.
Pixels Rouges Dans Le Port Bleu. FR | Director: Ali Zare Ghanatnowi | Duración: 15’ | Idioma: FR
En Teherán, unha nai comeza a enviar en secreto vídeos ao seu fillo, que se atopa exiliado en Marsella. Rodados baixo coacción e en condicións de risco, estes fragmentos superan a distancia, a censura e o medo, e van conformando pouco a pouco un arquivo íntimo da vida cotiá, da memoria e da resistencia. A medida que as imaxes se acumulan, convírtense nalgo máis que simples mensaxes. Conservan xestos, espazos, silencios e a fráxil continuidade dun vínculo ameazado pola separación. Entre Teherán e Marsella, o filme desenvólvese coma un diálogo marcado pola ausencia: entre unha nai e o seu fillo, entre o que se pode mostrar e o que debe permanecer oculto, entre a memoria persoal e o borrado político.
«Red Pixels in the Blue Port» é unha película sobre o exilio, a transmisión e o poder das imaxes coma testemuña. A través de vídeos gravados clandestinamente, mostra como o cinema pode protexer aquilo que a violencia, a distancia e a censura pretenden borrar.
La fuerza del silencio. ES | Director: Samuel Vela Pérez | Duración: 19’ | Idioma: TIGRINIA
Na rexión de Tigray, en Etiopía, o documental A forza do silencio narra a vida de Letebirhan, unha xoven de 17 anos cuxa vida quedou destrozada pola guerra. Secuestrada, supervivinte de violencia sexual e obrigada a criar soa a un fillo froito dese trauma, enfróntase ao rechazo da súa comunidade e da súa familia. A súa supervivencia depende non só do pan que fornea para manterse, senón tamén dun ritual ancestral: a ceremonia do café, no que mulleres coma ela transforman o silencio nun poderoso acto de resistencia e irmandade.
Curtametraxes Galicia Amateur:
Uxía. GL | Director: Inés Donoso López | Duración: 13’ | Idioma: GL
Xana vovle a casa; todo o mundo está moi emocionado, pero ela parece non sentir nada. Atópase cunha vaca no seu xardín, que parece estar chea de auga. Esta conexión axudaralle a darse de conta de que as píldoras anticonceptivas que está tomando non lle sentan ben.
ISO. GL | Director: Josema González Canabal | Duración: 5’ | Idioma: GL
Os homes non falan diso.
Habelas hainas. GL | Director: Julia Méndez Sánchez | Duración: 12’ | Idioma: GL
Julia Juncal é unha muller de 52 anos, separada e con fillos, dous deles, Carlos e Sofía, viven con ela. Julia traballa na tenda de seu pai “Alimentación Juncal”. En 1997, Lino Juncal, pai de Julia e Carmen, falece deixando ás súas fillas orfas. Cando chega o momento de resolver a herdanza e descobren que faltan as páxinas sobre a tenda “Alimentación Juncal”, tentan chegar a un acordo. Sen embargo, Carmen está enfadada e doída, e sabe que Julia necesita a tienda. É por iso que Carmen aproveita para alongar o proceso de resolución da herdanza. Julia, que é unha muller curtida, vive coa preocupación de non chegar a un bo acordo coa súa irmá, pero non se lamenta por iso. Ela segue traballando na tienda, coidando de seus fillos, da casa e dela mesma mentras atopa o xeito de enfrontar a situación. Tras dous anos, ambas irmás chegan a un acordo.
Avisa cando chegues. GL | Director: Ángela Andrada | Duración: 18’ | Idioma: GL
Claudia (20) está de volta na casa de seus pais, no sur de Galicia. É inverno e a vila está deserta. Esa noite, sae de festa por primeira vez en meses. Busca recuperar a sensación de normalidade despois de ter sido agredida sexualmente. O mundo que a rodea non parece poñerllo fácil, pero as ganas de Claudia de seguir adiante e reconstruír a súa vida son moito maiores.
