Mostra de Curtas de Noia

Xurado Edición 2025

Paula Arruti | Paula Arruti é produtora, axudante de dirección e directora de casting. Esta noiesa ten participado en producións de gran calado e recoñecemento audiovisual, a nivel nacional e internacional, como Fariña, El caso Asunta, Velvet, Seis hermanas, Bajo sospecha, Las chicas del Cable e La promesa, entre moitas outras, ou filmes como A Esmorga ou Leo&Lou.  

David Amor | Presentador, actor e humorista. O recoñecido galego David Amor leva máis de dúas décadas entre escenarios, platós e personaxes, nunha traxectoria que cruza fición, televisión, teatro, monólogo, galas e eventos, sempre coa capacidade para ler unha escena e conectar con quen está ao outro lado. O seu paso por Mareas vivas, Buen agente, Gym Tonic, Pequeñas coincidencias ou 45 revoluciones, e os monólogos Love está en el aire, Go Home ou Chisteria Colectiva, dan proba da versatilidade no seu traballo.

Federico Aguado | Federico Aguado é actor e produtor, coñecido polo seu traballo no filme Los renglones torcidos de Dios ou o thriller Venus, xunto a Esther Expósito. Tamén destaca a súa participación en numerosas e recoñecidas series televisivas como Amar en tiempos revueltos, Amar es para siempre, Mar de plástico, Tiempos de guerra, El ministerio del tiempo, La peste ou Berlín y la dama del armiño, aínda que o seu papel na serie de Netflix, Valeria, lanzouno ao recoñecemento internacional. Como produtor destaca coa curtametraxe Vírgenes. 

Laura Pamplona | Laura pamplona é actriz, modelo e cantante. A súa carreira está estreitamente vencellada á televisión, formando parte dos repartos de series de éxito como Todos los hombres sois iguales, Policías, en el corazón de la calle, Aquí no hay quien viva, Hospital Central ou Los misterios de Laura. Tamén ten participado nos filmes A tiro limpio, ¿Quién dice que es fácil? e En fuera de juego. O mundo da interpretación tamén a levou a desenvolverse sobre as táboas dun teatro, baixo a ollada da moda e no mundo publicidade.

Juan Francisco Pérez | Director e fundador do Blog de Cine Español, o portal de referencia para o cine español no mundo dixital, Juan Francisco Pérez ten sido xurado en diferentes festivais cinematográficos da península como o de Villamayor de Cine e FICCión-20 (Cuenca), en Cortogenia (Madrid), no Festival de Cine de Zaragoza ou no Almería Western Film, ademais de participar en festivais internacionais como Cinescultura de Regensburg (Alemania). Co obxectivo de dar visibilidade a xóvenes creadores, creou o Premio de El Blog de Cine Español á mellor curtametraxe, que entrega en diferentes certames como a Mostra de Curtas Vila de Noia. Tamén destaca polo seu recoñecemento como periodista invitado a votar nos Premios José María Forqué desde hai máis dunha década.

Edición 2026

Resumen

Curtas Seleccionadas

>Xurado